Xornada sobre o Xeoparque de Cabo Ortegal: programa definitivo

Share Button

Este sábado 10 de decembro ten lugar no Auditorio Municipal a xornada O Xeoparque de Cabo Ortegal: futuro próximo ou lonxano?, organizada polo Concello de Cariño. A cita dará comezo ás 11 da mañá.

A institución municipal vén de dar a coñecer o programa definitivo do evento, que inclúe un pequeno cambio. A charla titulada Geoparques: concepto y proceso de declaración será finalmente impartida por José Ángel Sánchez Fabián, coordinador do Proyecto Geoparque Las Loras. O ponente que fora anunciado nun principio, Luis Carcavilla, non pode asistir. Aquí deixamos o programa definitivo.

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.