O vindeiro sábado 7 de decembro, ás seis e media da tarde (18:30 h.), no Local Social situado na planta baixa da Casa do Concello terá lugar a presentación do libro Traballo, oficios e crenzas populares dos nosos antergos, do que é autor Narciso Luaces e que vén de ser publicado pola editorial Toxosoutos.
O acto contará coas intervencións de Pepe Riola, amigo do autor e bo coñecedor da cultura tradicional do Ortegal, do arqueólogo cariñés Xosé Lois Armada Pita e do autor do libro, Narciso Luaces Pardo. Tralas tres intervencións haberá un espazo aberto para comentarios e preguntas e, finalmente, o autor do libro asinará exemplares ás personas que o desexen.
Nunha entrada anterior, publicada nesta páxina web o pasado 8 de outubro, podes ler unha breve reseña da obra. A Agrupación Socialista de Cariño colabora na organización do evento deste sábado xunto coa Asociación O Faroleiro e o Concello de Cariño. Este acto de presentación do libro fora inicialmente anunciado para o día 19 de outubro, pero tivera que ser cancelado por circunstancias persoais do autor.