Como cada 1º de Maio, queremos enviar un saúdo moi especial a tódalas persoas traballadoras e tamén a aquelas que, querendo traballar, sofren a lacra do desemprego por mor dun sistema económico irracional e inxusto. Precisamos unha economía ó servizo das persoas e non das grandes fortunas. Que non nos quiten tamén o 1º de Maio e todo o que este día representa de compromiso e loita por acadar un mundo mellor.
Na entrada publicada o ano pasado por esta data comentabamos as orixes desta celebración e o seu sentido no mundo de hoxe. Podes atopala aquí: