Eleccións Europeas. Cara unha Europa máis xusta

Share Button

TI MOVES EUROPAHoxe venres 9 de maio, ás 00:00 horas, abriuse de xeito oficial a campaña electoral previa ós comicios europeos que se celebrarán o domingo 25 deste mesmo mes. Polo tanto, é tempo de que os partidos presenten ante a cidadanía os seus programas, proxectos que deben ser claros, cribles e executables en boa medida.

Os socialistas de Cariño participaremos nesta campaña -como non pode ser doutro xeito- dende o primeiro momento, e a pasada noite arrancamos coa tradicional pegada de carteis. Pero a bo seguro nas sucesivas xornadas haberá máis actos dos que vos teremos debidamente informad@s.

Como sinalabamos fai unhas datas, as eleccións europeas tradicionalmente foron consideradas unha cita de menor importancia, o que se reflectía nunha baixa participación. Con todo, desta volta o escenario é ben diferente xa que pouco a pouco foi calando na sociedade o impacto que sobre ela teñen as políticas que se marcan dende Bruxelas. Atopámonos pois nunha escolla entre a Europa dos capitais e a Europa dos cidadáns. Tócanos decidir cal delas queremos.

Ti moves Europa co teu voto. Vota PSOE, por unha Europa máis xusta.

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.