Eleccións europeas 2014: mítin en Cariño

Share Button

altDende aquí queremos convidarte ó mítin que, no marco da presente campaña ás Eleccións Europeas, celebraremos en Cariño este domingo, 18 de maio. A cita será ás 12 da mañá no Local Social da Casa do Concello (planta baixa).

O acto contará coas intervencións de José Miguel Alonso Pumar (Secretario Xeral da Agrupación Socialista de Cariño), Marisol Soneira (Deputada no Parlamento de Galicia) e José Luis Méndez Romeu (Voceiro do PSdeG-PSOE no Parlamento de Galicia).

Dende a Agrupación Socialista de Cariño queremos destacar o atractivo perfil que, neste caso, teñen os nosos convidados. Marisol Soneira (Camariñas, 1954) é unha veterana socialista con amplo coñecemento das políticas pesqueiras; á súa condición de deputada autonómica une o rol de Secretaria do Mar na Executiva Provincial do PSdeG-PSOE. Con anterioridade foi concelleira en Camariñas, voceira do Grupo Parlamentario Socialista en áreas como emigración ou medio rural e dirixíu unha comercializadora de encaixes de Camariñas. Pola súa parte, José Luis Méndez Romeu (A Coruña, 1951) non precisa presentación ó tratarse dun dos cargos públicos do PSdeG de máis longa traxectoria e cualificación, tendo ocupado, entre outras moitas responsabilidades, a de Conselleiro de Presidencia, Administración Pública e Xustiza.

Agardámoste este domingo.

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.