O Grupo Municipal Socialista de Cariño en base ó disposto nos artigos 82.2, 82.3, 91.4, 97.3 e 126.2 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais e demais normativa que poidan resultar de aplicación, presenta MOCIÓN sobre o IBI do Porto de Cariño:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O Imposto sobre Bens Inmobles é un tributo directo de carácter real que grava o valor dos bens inmobles. Está regulado no artigo 60 e seguintes do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais.
O Real Decreto Lexislativo 1/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Catastro Inmobiliario, no seu artigo 6.4 establece que “los bienes inmuebles se clasifican catastralmente en urbanos, rústicos y de características especiales”.
O artigo 8 da mesma lei define os bens mobles de características especiais:
“Los bienes inmuebles de características especiales constituyen un conjunto complejo de uso especializado, integrado por suelo, edificios, instalaciones y obras de urbanización y mejora que, por su carácter unitario y por estar ligado de forma definitiva para su funcionamiento, se configura a efectos catastrales como un único bien inmueble.
2. Se consideran bienes inmuebles de características especiales los comprendidos, conforme al apartado anterior, en los siguientes grupos:
a) Los destinados a la producción de energía eléctrica y gas y al refino de petróleo, y las centrales nucleares.
b) Las presas, saltos de agua y embalses, incluido su lecho o vaso, excepto las destinadas exclusivamente al riego.
c) Las autopistas, carreteras y túneles de peaje.
d) Los aeropuertos y puertos comerciales”.
O Real Decreto 2/2011, de 5 de setembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Portos do Estado e da Mariña Mercante establece no artigo 3:
“Son puertos comerciales los que en razón a las características de su tráfico reúnen condiciones técnicas, de seguridad y de control administrativo para que en ellos se realicen actividades comerciales portuarias, entendiendo por tales las operaciones de estiba, desestiba, carga, descarga, transbordo y almacenamiento de mercancías de cualquier tipo, en volumen o forma de presentación que justifiquen la utilización de medios mecánicos o instalaciones especializadas”.
A DX Catastro, na Circular 03.04/08/P, de 3 de abril, sobre criterios de identificación, delimitación y valoración de los Bienes Inmuebles de Características Especiales establece:
“Los puertos autonómicos clasificados como comerciales tendrán igualmente la condición de BICE. En el caso de combinaciones de usos en una misma instalación portuaria, se considerarán BICE aquellos puertos de gestión autonómica que tengan como uso predominante el comercial”.
O Porto de Cariño pertence á rede de portos da Xunta de Galicia. Tal e como poñen de manifesto as diferentes memorias anuais de Portos de Galicia, Cariño é o primeiro ou segundo porto de titularidade autonómica con máis tráfico de mercadorías comerciais.
Informe de xestión de Portos de Galicia, ano 2021.


Informe de xestión de Portos de Galicia, ano 2022.


O propio Portos de Galicia, no resumo da Memoria anual do ano 2024, a última que teñen publicada na súa web, califica ao porto de Cariño como comercial:

Tamén nomea a Cariño como porto comercial na súa páxina web, no apartado Presentación do sistema portuario galego:

É habitual que a Xunta de Galicia, nas súas notas de prensa, califique ao Porto de Cariño como comercial.
Nota de prensa do 30 de outubro de 2023:
“O titular de Mar, que estivo acompañado polo presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, e a delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, explicou que na anualidade do vindeiro exercicio recóllese unha partida de 714.000 euros destinada á execución de dragaxe do porto. Esta actuación consistirá na extracción de máis de 20.000 metros cúbicos de area de dúas zonas do porto: a rampla de varada e a zona dos peiraos de atraque comercial interiores.
As obras permitirán mellorar a operatividade do porto devolvendo o calado necesario para a actividade diaria do sector pesqueiro e o tráfico comercial. A día de hoxe, os traballos atópanse en fase de redacción de proxecto e a súa licitación e execución prevense para o vindeiro exercicio”.
Nota de prensa do 22 de outubro de 2024:
“Villares, que estivo acompañado na visita pola delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, e polo presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, explicou que os traballos deron comezo o pasado mes de setembro e permitirán extraer máis de 20.000 metros cúbicos de area para recuperar calado no porto de Cariño. En concreto actuarase en dúas zonas, a rampla de varada e a zona dos peiraos de atracada comercial interiores”.
O Concello de Cariño establece na súa ordenanza fiscal os seguintes tipos impositivos:
IBI Rústica: 0,6000.
IBI Urbana: 0,4700.
IBI Bens Inmobles Características Especiais: 1,3000.
Portos de Galicia está a pagar no Concello de Cariño o IBI Urbana, cun tipo do 0,4700. O paso do tipo de Urbana a BICE supón para o Concello de Cariño un incremento de 2,5 veces nos ingresos sen que se vexan repercutidos na cidadanía cariñesa.
Como queda demostrado, aínda que teña outros usos, o uso predominante do Porto de Cariño é o comercial, tal e como recoñece a Xunta de Galicia.
Por todo exposto, o Grupo Municipal Socialista no Concello de Cariño, propón ao Pleno da Corporación a adopción dos seguinte
ACORDO
Iniciar, ante a Dirección Rexional de Catastro, o expediente para catalogar o Porto Comercial de Cariño como BICE.
