José Miguel Alonso Pumar, reelixido Secretario Xeral da Agrupación Socialista de Cariño

Share Button

Este pasado sábado 5 de marzo celebrouse a Asemblea Extraordinaria na que resultou elixida a nova Comisión Executiva Municipal do PSdeG-PSOE de Cariño para os vindeiros catro anos, quedando constituída do seguinte xeito:

– Secretario Xeral: José Miguel Alonso Pumar

– Vicesecretaria Xeral de Benestar Social e Igualdade: María José Fraguela López

– Secretario de Organización e Administración: Jonathan Miranda Lucas

– Secretario de Política Municipal: Alberto Iglesias Fraguela

– Secretaria de Formación e Dinamización: Ana Fachal Fraguela

Na propia Asemblea escolleuse a Ana Fachal como representante dos socialistas cariñeses no Comité Provincial dos Socialistas da Coruña, órgano do que xa forman parte Jonathan Miranda e José Miguel Alonso.

A candidatura liderada por Alonso Pumar, que xa viña ocupando o cargo de Secretario Xeral dende febreiro de 2014, foi a única presentada á Asemblea e contou co apoio unánime da militancia que participou nesta cita. Con esta Asemblea péchase en Cariño o ciclo congresual que levou á renovación das direccións federal, nacional, provincial e local. Entre os retos importantes que afronta a nova Executiva atópase a preparación dos comicios municipais de maio de 2023.

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.