Programa

Share Button

Eleccións municipais 2011. Programa electoral.

 

Emprego e diversificación económica

– Creación do polígono industrial, fomentando a instalación de novas empresas.

– Creación dunha política de formación ocupacional, en áreas como as enerxías renovables, a axuda a domicilio e dependencia, etc.

– Creación dun viveiro de empresas e fomento do cooperativismo.

– Ampliación da oficina de asesoramento para persoas desempregadas, axuda a emprendedores e tramitación de subvencións.

– Ampliación dos servizos e prestacións da bolsa de emprego local.

– Obtención de distintivos de calidade para a hostalería e os productos alimentarios de Cariño (peixe, conservas, etc.), en colaboración cos sectores implicados.

– Rexeneración dos areais do Concello para incrementar o seu potencial marisqueiro.

– Construcción de cargadoiros de madeira para facilitar o traballo do sector forestal.

 

Infraestructuras, urbanismo e vivenda

– Mellora das comunicacións viarias: construcción dunha nova estrada Mera-Cariño e dun entronque en Mera coa futura Autovía da Costa.

– Reparación e renovación de rúas e mobiliario urbano en tódolos puntos do termo municipal que o precisen (empedrados ou pavimentos, beirarrúas, sinalización, bancos, soterramento de cableado, etc.).

– Construcción de novas beirarrúas e renovación do alumado público dende a Fonte dos Tunantes ata Cariño.

– Reforma da Praza da Pulida e sustitución do empedrado actual.

– Ampliación e renovación da sinalización en todo o termo municipal.

– Completar a depuración de augas residuais en todo o termo municipal coa implantación dun sistema de bombeo ata a EDAR de Cariño en Figueiroa, Sismundi, Landoi e Feás.

– Construcción da rede de alcantarillado na parroquia de Landoi.

– Continuación do programa de mellora do alumado público e ampliación dos sistemas de aforro enerxético.

– Renovación do sistema de contenedores, mellorando e ampliando os procesos de recollida e reciclaxe.

– Creación dun servizo de asesoramento para a rehabilitación de vivenda.

– Redacción e aprobación do PERI no casco antigo de Cariño.

– Mellora da atención á cidadanía en materia urbanística, tanto por vía presencial como telemática.

– Mellora da rede de pistas e camiños veciñais.

 

Sanidade e servizos sociais

– Continuar coa demanda da consulta diaria de pediatría a horario completo.

– Continuar coa demanda de consultas de odontoloxía e fisioterapia no Centro de Saúde.

– Remate e apertura do Centro de Día e Residencia de Maiores, incluindo o acondicionamento do seu entorno.

– Creación dun plan de actividades terapéuticas na nova piscina municipal.

– Continuar mellorando a accesibilidade e a eliminación de barreiras físicas para as persoas con minusvalías.

– Ampliación do servizo de axuda a domicilio.

– Programación de cursos de formación en terapia ocupacional para as persoas maiores.

 

Administración municipal e atención á cidadanía

– Implantación dos presupostos participativos para que a cidadanía poda decidir cómo se gasta unha parte do orzamento municipal.

– Creación dunha oficina para reclamacións e atención á cidadanía.

– Creación dunha rede de centros sociais en tódalas parroquias, que incluirán en tódolos casos conexión a internet, taboleiro de información municipal e unha programación regular de actividades.

– Creación de asambleas parroquiais e de barrio con reunións ordinarias co Grupo de Goberno semestrais e extraordinarias cando sexa necesario.

– Dinamización da páxina web municipal e incremento das xestións por vía telemática.

 

Educación e xuventude

– Creación dunha gardería infantil.

– Impulso da ampliación da oferta educativa nos centros de ensino.

– Creación dunha Aula da Escola Oficial de Idiomas dependente do centro de Ferrol.

– Creación da Concellería de Xuventude e apoio á creación dunha Asociación Xuvenil.

– Potenciación do Ortegal Rock, establecendo sistemas de participación en tódalas fases organizativas.

– Fomento da cultura musical, mediante a Escola Municipal de Música, creación de locais de ensaio, concursos musicais, apoio ós novos grupos, etc.

 

Deporte

– Construcción dun novo pabillón polideportivo.

– Construcción dun ximnasio municipal.

– Creación dun circuito de motocross.

– Impulso da construcción dun porto deportivo.

– Mellora das pistas deportivas municipais e construcción de novas canchas (tenis, volei, etc.).

– Fomento dos deportes mariños de vela e remo.

– Creación dun novo programa de actividades deportivas e torneos deportivos, incluindo natación e outros deportes de auga na piscina municipal.

 

Cultura e tempo libre

– Creación dunha emisora de radio municipal.

– Remate e apertura do Auditorio situado na Casa do Concello.

– Potenciación do entroido cariñés e das festas de verán.

– Creación dunha nova programación de actividades de lecer.

– Ampliación da oferta de actividades da biblioteca municipal.

– Creación dun programa regular de conferencias e mesas redondas de carácter itinerante, por todo o termo municipal.

– Dinamización do arquivo municipal de fotografías antigas e realización de actividades cos seus fondos (exposicións, publicacións, etc.)

– Dinamización do Arquivo Histórico Municipal e ampliación dos seus fondos (recopilación de fondos documentais, arquivado de publicacións locais, etc.)

– Dixitalización e publicación electrónica de toda a colección da revista Nordeste.

– Dixitalización de tódalas gravacións da antiga emisora Forza 8, en colaboración co IES Cabo Ortegal.

 

Desenvolvemento sostible, hostalería e turismo

– Coordinación da oferta hostaleira e turística mediante reunións periódicas cos sectores implicados.

– Creación dunha páxina web para a difusión da oferta hostaleira e turística.

– Remate e apertura do albergue da reitoral de Santa María da Pedra. Posta en marcha dunha programación orientada a estudantes e outros colectivos.

– Impulso dunha candidatura para conseguir un Xeoparque.

– Creación dun Centro de Interpretación do Medio Mariño na antiga Cetárea.

– Ampliación da oferta e programación da Aula do Mar.

– Ampliación das datas de apertura da Oficina de Turismo.

– Creación de sistemas de realidade aumentada e información turística virtual.

– Ampliación da rede de rutas de sendeirismo.

– Impulso de políticas de concienciación sobre eficiencia enerxética e respecto ó Medio Ambiente.

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.