A Conferencia Política: por un proxecto de futuro

Share Button

Entre o 30 de setembro e o 2 de outubro o noso partido celebrará en Madrid unha Conferencia Política. Este encontro ten como obxectivos actualizar, debatir e facer visible a proposta socialista para as eleccións xerais do 20 de novembro. Trátase de amosar a necesidade dunha saída socialdemócrata, de esquerdas, á actual crise económica mundial, que –cada día máis- amenaza con levarse por diante o chamado estado do benestar.

O noso partido acaba de facer público o Documento Marco que será sometido a discusión na Conferencia Política. Son 144 páxinas que xa están sendo obxecto de debate nas agrupacións. Podes descargalo aquí:

http://www.psdeg-psoe.com/conferencia-politica  

O xornal El País vén de publicar un resumo das principais propostas do Documento, que resulta útil para facerse unha idea rápida do seu contido. Podes atopalo aquí:

http://politica.elpais.com/politica/2011/09/11/actualidad/1315771801_174165.html

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.