Charla informativa sobre o programa Leader Galicia

Share Button

Onte o Salón de Plenos do Concello de Cariño acolleu unha charla informativa sobre o programa Leader Galicia, financiado pola Unión Europea e destinado a dinamizar os concellos rurais.

O acto contou coa participación do noso Alcalde, José Luis Armada, e cun número significativo de asistentes que completaron o aforo do local.

 

Publicado en Actualidade | Comentarios desactivados en Charla informativa sobre o programa Leader Galicia

Un ano despois, o PP segue enredando e Cariño sen pediatra

Share Button

Onte celebramos un magnífico día de San Xiao. O tempo acompañou e a nosa tradicional romería convertíuse, como é habitual, no punto de encontro de toda a sociedade cariñesa, no día no que recibimos a moita da nosa xente que traballa fora o resto do ano.

Neste mesmo día de San Xiao o xornal La Voz de Galicia publicou unha nova co titular La Xunta sigue sin solventar la falta de pediatra en Cariño. No texto da nova, dábase conta da reunión mantida polo Delegado Provincial da Xunta, Diego Calvo, con catro representantes das nais de Cariño nas dependencias da Cofradía de Pescadores.

O primeiro que temos que dicir é que, un ano despois, a Xunta do PP aínda non foi capaz de resolver este problema. O 20 de febreiro de 2010 referímonos nesta web ás primeiras iniciativas de reivindicación que se estaban levando a cabo (comezo da recollida de sinaturas, primeiras reunións…). Seguimos igual.

En segundo lugar, o actual goberno da Xunta deixa claro coa reunión do pasado venres cal é o seu estilo. Se xa nos parece abondo discutible que unha persoa compaxine o cargo de Patrón Maior coa portavocía municipal dun partido político, cremos que constitúe un desprezo ás institucións democráticas o feito de que un responsable da Xunta veña a reunirse ás dependencias da Cofradía para tratar un asunto que non ten nada que ver co sector pesqueiro. A institución que representa a toda a cidadanía cariñesa é o Concello e as súas dependencias están dispoñibles para calquera iniciativa deste tipo.

A día de hoxe, a administración autonómica segue sen respostar ó acordo plenario que, apoiado por tódalas forzas políticas, foi remitido dende o Concello acompañando as máis de 1000 sinaturas recollidas polas nais. Desprezan un acordo plenario adoptado polos tres partidos que están representados na institución municipal, pero utilizan á Cofradía para facer política partidista e para seguir enredando.

Todo isto demostra que o PP é incapaz de ofrecerlle nada novo á cidadanía cariñesa. Seguen nas mesmas de sempre: utilización política da Cofradía, formas caciquiles e desprezo ás institucións democráticas e, sobre todo, maltrato sistemático á sanidade pública en Cariño. Non por casualidade, as dúas melloras máis significativas que experimentou a nosa sanidade pública durante os últimos anos (gardas de presenza física no Centro de Saúde durante as 24 horas e servizo de ambulancia) conseguíronse cun Alcalde socialista en Cariño. O PP de Cariño, hoxe máis que nunca, representa unha volta atrais.

Podes atopar aquí a nova publicada onte en La Voz de Galicia:

http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2011/01/29/0003_201101F29C11991.htm 

 

Publicado en Actualidade | Comentarios desactivados en Un ano despois, o PP segue enredando e Cariño sen pediatra

As nosas suxerencias: El Viejo Topo

Share Button

Cando a comezos de ano adiantamos algúns dos nosos plans para esta web durante o 2011, fixemos referencia a unha sección periódica de recomendacións ou suxerencias. Nun ano que promete ser politicamente intenso, parécenos oportuno reservar algún espacio para contidos doutro tipo, para suxerir, dun xeito máis ben informal, libros, revistas, música, páxinas web, lugares para visitar, filmes e documentais… Trátase, en realidade, de facer o que xa vimos facendo, pois as recomendacións deste tipo son habituais na páxina, pero dun xeito máis periódico e programado. Tentaremos que este apartado de suxerencias sexa semanal e apareza nos primeiros días de cada semana.

Imos comezar recomendando todo un clásico nas publicacións periódicas de contido político e cultural. El Viejo Topo é unha revista editada en Cataluña cunha clara orientación de esquerda que naceu durante os anos 70. Despois dalgún período sen editarse, aparece actualmente con rigurosa periodicidade mensual contendo sempre colaboracións de primeiro nivel. Conta con páxina web propia, cuio enderezo é http://www.elviejotopo.com

Na súa web podes consultar o índice de cada número e, habitualmente, descargar de maneira gratuita algún artigo en formato PDF. No último número publicado a data de hoxe, correspondente ó mes de xaneiro, o artigo dispoñible leva por título Enterrar a los muertos, desenterrar la memoria e o seu autor é Vicenç Navarro. Ademais, inclúe, entre outros contidos, dous artigos que analizan os resultados das últimas eleccións catalanas, unha entrevista a Samir Amin e un amplo dossier coordinado por Àngel Ferrero e titulado Retos del sindicalismo para el 2011, ademais das habituais seccións sobre cine e libros. Unha oferta moi suxerente para ler, reflexionar e entreterse nos días de frío inverno.

Cambiando de tema, aproveitamos para contarche que o pasado sábado estivemos na presentación dos dous libros recentemente publicados polo Concello, que tivo lugar no Auditorio Municipal. Foi un evento que pagou a pena, con intervencións interesantes e con máis dun centenar de asistentes.  

 

Publicado en Actualidade | Comentarios desactivados en As nosas suxerencias: El Viejo Topo

O Concello de Cariño cumpre 23 anos

Share Button

Aínda que hoxe o Concello de Cariño forma parte da nosa experiencia máis cotiá, convén sempre lembrar que durante moitos anos a independencia municipal foi seguramente o maior desexo colectivo da sociedade cariñesa.

Despois dun longo e complexo proceso, a segregación foi unha realidade o 21 de xaneiro de 1988. A ese día corresponde a foto caseira que reproducimos nesta entrada, na que pode verse a un xoven José Luis Armada, entón Presidente da Asociación de Veciños San Bartolo de Cariño, pronunciando o histórico discurso dende o balcón da Cofradía de Pescadores, acompañado da directiva da mentada asociación. Así pois, o Concello de Cariño cumpre hoxe 23 anos.

Mañá o Concello presenta, ás sete da tarde no Auditorio Municipal, dous libros recén publicados que versan sobre o riquísimo patrimonio xeolóxico, natural e cultural do actual Concello de Cariño. Un magnífico agasallo de cumpreanos para a nosa querida e tanto tempo desexada entidade municipal. 

 

Publicado en Actualidade | Comentarios desactivados en O Concello de Cariño cumpre 23 anos

O Concello presenta os seus dous recentes libros

Share Button

 

O Concello de Cariño presenta mañá sábado, ás 7 da tarde no Auditorio Municipal, os libros Geología del Complejo de Cabo Ortegal y de las unidades relacionadas del basamento de Galicia. Guía de campo e Patrimonio e Desenvolvemento Local: reflexións e iniciativas no Concello de Cariño, que vén de publicar recentemente.

No acto intervirán Ana Fachal Fraguela (Concelleira de Desenvolvemento Local, Turismo e Medio Ambiente), Alberto Durán López (Técnico de Medio Ambiente do Concello de Cariño), Ricardo Arenas Martín (Catedrático de Xeoloxía da Universidad Complutense de Madrid) e José Luis Armada Castro (Alcalde de Cariño).

Recomendámosche a asistencia, pois con seguridade será un evento interesante. Aquí podes atopar a nota de prensa onde se publicita o mesmo:

http://www.concellodecarino.com/aodia/nova.php?id=1250 

 

Publicado en Actualidade | Comentarios desactivados en O Concello presenta os seus dous recentes libros

Dereitos e compromiso político: dous artigos de opinión

Share Button

No xornal Público de hoxe podes atopar dous interesantes artigos de opinión. Vicenç Navarro, que como sabes é un dos nosos autores de referencia, publica un texto de contido histórico titulado El compromiso político de Picasso:

http://blogs.publico.es/dominiopublico/2944/el-compromiso-politico-de-picasso

Pola súa parte, o xornalista Ignacio Escolar escribe sobre o emprego das diversas línguas oficiais do Estado no Senado, nun artigo titulado Despilfarros y derechos:

http://www.escolar.net/MT/archives/2011/01/despilfarros-y-derechos.html

Nos últimos días o servidor que acolle a nosa páxina tivo algúns problemas. Aínda que é un asunto alleo ás nosas competencias, lamentamos as molestias e agardamos que quede resolto á maior brevidade posible.

 

Publicado en Actualidade | Comentarios desactivados en Dereitos e compromiso político: dous artigos de opinión