O Concello de Cariño cumpre 23 anos

Share Button

Aínda que hoxe o Concello de Cariño forma parte da nosa experiencia máis cotiá, convén sempre lembrar que durante moitos anos a independencia municipal foi seguramente o maior desexo colectivo da sociedade cariñesa.

Despois dun longo e complexo proceso, a segregación foi unha realidade o 21 de xaneiro de 1988. A ese día corresponde a foto caseira que reproducimos nesta entrada, na que pode verse a un xoven José Luis Armada, entón Presidente da Asociación de Veciños San Bartolo de Cariño, pronunciando o histórico discurso dende o balcón da Cofradía de Pescadores, acompañado da directiva da mentada asociación. Así pois, o Concello de Cariño cumpre hoxe 23 anos.

Mañá o Concello presenta, ás sete da tarde no Auditorio Municipal, dous libros recén publicados que versan sobre o riquísimo patrimonio xeolóxico, natural e cultural do actual Concello de Cariño. Un magnífico agasallo de cumpreanos para a nosa querida e tanto tempo desexada entidade municipal. 

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.