Proseguen as obras da reitoral de A Pedra

Share Button

Diario de Ferrol publica hoxe unha nova sobre as obras que están a ter lugar na antiga reitoral da parroquia de Santa María da Pedra. Os traballos en curso, nesta primeira fase, consisten na sustitución da cuberta e na consolidación e rehabilitación dos muros tanto exteriores como interiores. A obra execútase a través do Plan de Dinamización do Producto Turístico Ferrol-Ortegal, xestionado pola Deputación da Coruña e financiado polas administracións central, autonómica e provincial.

 

Nunha actuación posterior acometerase a reforma interior do edificio, que terá como uso principal -aínda que non exclusivo- o de albergue destinado tanto a peregrinos como a grupos escolares, grupos de usuarios do Aula do Mar ou participantes en eventos deportivos que teñan lugar no termo municipal.

 

Como lembrarás, esta actuación derívase dun acordo asinado entre o Concello e a Diócese, polo cal esta última cedeu á institución municipal o uso da reitoral durante un período de 50 anos. Pola súa parte, o Concello asumíu o remate das obras de restauración da igrexa parroquial. O obxectivo final, ademais da recuperación do edificio para usos sociais, é a recuperación patrimonial e posta en valor dun complexo histórico de notable valor, formado pola propia igrexa, a reitoral e o conxunto de muros asociados.

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.