Proposta de Portos de Galicia para a reversión de terreos sen uso portuario

Share Button

O Grupo Municipal Socialista celebra que Portos de Galicia e o Concello de Cariño mantiveran unha reunión para tratar a proposta de reversión de terreos sen uso portuario, e pola que levamos preguntando en cada Pleno desde o inicio do mandato.

Este procedemento de reversión, que inclúe a 24 concellos galegos máis, foi iniciado en 2021 polo goberno municipal socialista, e negociado directamente co Goberno de España e a Xunta a través da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP).

Aínda sendo un avance, a proposta que hoxe fai Portos deixa sen solucionar varios dos problemas máis importantes que afectan á superficie a revertir, como son o estado ruinoso de varias naves, ou a non reversión da superficie adicada a ubicar as atraccións durante as festas e o mercado dos venres, por poñer uns exemplos.

Polo tanto non se recollen todos os terreos solicitados no acordo plenario aprobado por unanimidade en novembro de 2023.

O venres 14 de novembro solicitamos unha reunión da Xunta de Portavoces para tratar á maior brevidade a proposta.

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.