Como xa sabes, dende a nosa web sempre tentamos divulgar contidos da rede que podan resultar do teu interese.
A biblioteca do noso Instituto, o IES Cabo Ortegal, vén de poñer en marcha, coincidindo coa festividade das Letras Galegas, o seu blogue Biblioteca do Ortegal. O profesorado responsable da biblioteca deste centro está a facer un importante traballo e esta iniciativa é unha boa mostra delo. Por iso transmitímoslles, dende aquí, a nosa efusiva felicitación e os nosos mellores desexos de continuidade.
Recomendámoste a visita ó blogue, cuio enderezo é o seguinte:
http://bibliortegal.blogspot.com