Inaugúrase o novo Local Social de Maiores

Share Button

O Concello acaba de anunciar que este sábado 26 de marzo, ás sete da tarde, terá lugar a inauguración do novo Local Social de Maiores, situado na planta baixa da Casa do Concello. O acto está aberto da toda a cidadanía.

As novas dependencias contan cunha cafetería e un amplo salón que permite levar a cabo múltiples actividades como xogos de mesa, exposicións ou talleres culturais.

O novo local está situado nun lugar privilexiado, en plena fachada marítima e con vistas ó paseo marítimo e á praia. Estas novas instalacións, por outra parte, reúnen as condicións de accesibilidade que require un Local Social destas características. O Concello, ademais, consegue prestar este servizo nun local da súa propiedade, pois o que ocupa actualmente é unha cesión da Tesorería Xeral da Seguridade Social.

A apertura destas novas instalacións supón tamén proseguir a concentración de servicios nun único edificio, que a día de hoxe acolle xa a Casa do Concello, as oficinas dos Servizos Sociais e este novo Local de Maiores. O interior do Salón de Actos, despois das obras realizadas recentemente, está case rematado, fito que suporá o pleno aproveitamento do edificio.

Por último, @s responsables socialistas no Concello amosan coa apertura deste local o noso firme compromiso a prol das persoas maiores de Cariño. No ano 2003, cando @s socialistas chegamos ó Goberno Municipal, os maiores de Cariño estaban á intemperie, nun banco ó aire libre arrimado ó edificio da antiga clínica. @s socialistas -pese á frontal oposición e vergoñenta actitude da dereita cariñesa nalgúns asuntos- vimos facendo dende entón un esforzo firme e sostido na atención ós maiores de Cariño, que se manifesta na posta en marcha do Local Social no edificio da antiga clínica, na apertura deste novo Local, na construcción do Centro de Día e Residencia de Maiores, na aposta por mellorar o servicio de asistencia a domicilio ou na dotación da piscina municipal con servicios orientados a este tipo de público.

Animámoste a asistir este sábado á inauguración do novo local.  

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.