Réquiem por el norte gallego: contribución a un debate

Share Button

Dende o PSOE cariñés sempre consideramos que o desenvolvemento socioeconómico do noso Concello está en boa medida vinculado a un contexto máis amplo que é o das comarcas septentrionais de Galicia. Aspectos fundamentais como as nosas redes de comunicacións ou a correcta rendabilización do noso potencial turístico -dende unha perspectiva sostible- teñen que abordarse a un nivel máis amplo que o municipal.

Por esta razón, dende hai moitos anos vimos participando e implicándonos en iniciativas políticas e sociais de ámbito comarcal. A nosa loita contra o retraso das obras do corredor costeiro enmárcase neste contexto.

Hoxe Diario de Ferrol publica un interesante e polémico artigo de Ernesto Vale Carballés, titulado Un réquiem por el norte gallego. Sen estar dacordo na totalidade dos seus argumentos, cremos que constitúe unha aportación interesante a un debate moi necesario sobre o futuro das comarcas septentrionais de Galicia.

Entre outros párrafos que poderiamos citar, o autor afirma: “La pérdida constante de población de los ayuntamientos del norte de Galicia se debe -en gran medida- a la falta de oportunidades laborales. La gente joven se ve obligada a buscar empleo en otros lugares, bien en el área de Vigo o fuera de Galicia. Pueblos costeros importantes como Ribadeo, Nois, Burela, Viveiro y Ortigueira -este último en un estado económicamente catastrófico- están sobreviviendo gracias a unos pocos turistas y a un Festival Celta. Y todo ello en la época estival. El problema es muy serio, por no decir grave. Cuando se proyectó la Transcantábrica, en lugar de hacerla a lo largo de la costa, se desvió hacia Vilalba, con lo cual se condenó a todos estos pueblos a un aislamiento permanente de los grandes centros urbanos”. Sen dúbida, unha lectura recomendable.

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.