Adeus a Eduardo García de Enterría

Share Button

altO pasado luns 16 de setembro deixounos Eduardo García de Enterría ós seus 90 anos de idade. Foi un dos xuristas españois máis notables, especialmente no ámbito do Dereito Público. Só por este motivo ten máis que merecida unha entrada nesta páxina web, pero hai un importante motivo adicional: o seu despacho levou, ó longo de varios anos, a asesoría xurídica do proceso de segregación que, liderado pola Asociación de Veciños San Bartolo de Cariño, rematou coa creación do noso Concello o 21 de xaneiro de 1988. O azar quixo que o insigne xurista nos deixase o ano que a nosa institución municipal cumple o seu 25 aniversario.

García de Enterría acreditaba unha longa traxectoria académica. Estudou en universidades nacionais e extranxeiras, doutorouse con Premio Extraordinario, foi catedrático de Dereito Administrativo nas Universidades de Valladolid (1957-1962) e Central (hoxe Complutense de Madrid) (dende 1962). Foi o primeiro xuíz español no Tribunal Europeo de Dereitos Humanos con sede en Estrasburgo entre 1978 e 1986. Foi membro doutras moitas institucións e colectivos profesionais e participou na redacción de numerosos Anteproxectos de Lei, colaborando asemade na Constitución Española de 1978. É autor de numerosas publicacións, incluíndo uns 30 libros. Colleitou un total de 18 mencións de Doutor Honoris Causa, cifra ó alcance duns poucos escollidos de méritos académicos sobresaíntes (en Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela concedeulle a mención en 1996).

Como podes supor, García de Enterría non levou persoalmente o asesoramento xurídico da segregación. Contaba no seu despacho cun potente equipo capacitado en múltiples especialidades. Foi o avogado Jesús de Alba Domínguez quen se ocupou do día a día do caso. Estivo en Cariño en máis dunha ocasión e os membros da directiva da Asociación de Veciños, co seu daquela Presidente o noso compañeiro José Luis Armada Castro á fronte, viaxaron en máis dunha ocasión a Madrid. Mais evidentemente débese a García de Enterría a creación dun equipo tan solvente, que se implicou a fondo nunha causa xusta e que fixo un excelente traballo polo módico prezo que unha modesta Asociación de Veciños –coa colaboración económica das familias cariñesas- podía pagar.

Profesionais do dereito fixeron en días pasados valoracións pormenorizadas do que significa a figura de García de Enterría na súa disciplina. Santiago Muñoz Machado, catedrático de Dereito Administrativo da Complutense e membro da Real Academia Española, escribía esta semana no seu obituario publicado no xornal en El País: Llegó a Madrid rodeado de sus primeros discípulos, tan caracterizados y brillantes: Alejandro Nieto, Ramón Martín Mateo, Sebastián y Lorenzo Martín-Retortillo, Ramón Parada y Tomás Ramón Fernández. Traía bajo el brazo algunas obras deslumbrantes (La Administración española, Dos estudios sobre la usucapión en derecho administrativo, Revolución Francesa y administración contemporánea…) y otras en preparación que germinaron después de ocupar la cátedra de la facultad complutense. Sus estudiantes seguimos entonces los apuntes de Derecho Administrativo de su cátedra, una joya ciclostilada, encuadernada con una modesta cartulina gris, donde estaban los primeros materiales de lo que luego sería el Curso de Derecho Administrativo que empezó a editar en 1974 con la colaboración de Tomás Ramón Fernández”. E engadía máis adiante: “…poco le quedaba ya que pudiera hacer para mejorar su obra inmensa: había establecido las bases para la defensa de los derechos individuales en una época de dictadura; acometió el estudio de la Constitución, cuando fue aprobada, para explicar las dimensiones del cambio jurídico que traía; abordó el análisis del impacto del derecho comunitario europeo, y estuvo presente, con su magnífica capacidad de escritor, en todos los temas relevantes para nuestra convivencia (…). A ese curriculum ejemplar como hombre de leyes sumó García de Enterría su condición de intelectual y humanista completo, conocedor de la literatura clásica y atento a cualquier creador o ensayista contemporáneo, gran amante de la mejor poesía y acaparador insaciable de libros para su imponente biblioteca, de la que disfrutó en Madrid y en sus retiros de Potes, su pueblo amado, y en Arenas de San Pedro, el lugar donde nacieron probablemente sus grandes contribuciones”.

Na súa páxina de Facebook, o avogado coruñés e militante socialista Pablo Arangüena escribíu en días pasados outro atinado comentario: REVOLUCIONARIOS SILENCIOSOS. Hace unos días murió Eduardo García de Enterría, titán del Derecho Público y dinamitero de los privilegios del Estado en nuestro país, por la única vía de la razón. Hay gente que se pone una camiseta del Che y habla de la Revolución a todas horas pero a duras penas es capaz de atarse los cordones de los zapatos. Otros, en cambio, subvierten el orden establecido tenazmente, como termitas, sin estridencias y sin necesidad de aflojarse el nudo de la corbata. RIP”.

Descanse en paz, Don Eduardo.

A foto que acompaña a esta entrada provén da edición dixital de El País.

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.