X aniversario da Asociación O Faroleiro

Share Button

O vindeiro domingo 6 de outubro a Asociación de Maiores, Xubilados e Pensionistas O Faroleiro celebra o seu décimo aniversario. O tempo pasa axiña e parece que foi onte cando un grupo de persoas creaba este colectivo para canalizar as inquedanzas e o ocio das persoas maiores do noso Concello. Entre os membros fundadores atopábase o noso compañeiro Pancho Pita Barge, primeiro presidente da Asociación e de cuio pasamento vén de cumplirse un ano. Nestes dez anos foron moitas as actividades realizadas, contando tamén coa axuda de persoas mais novas que forman parte da directiva e colaboran no desenvolvemento das actividades.

O encontro de celebración do décimo aniversario terá lugar no Pavillón Polideportivo a partir das 13 horas. As persoas interesadas en asistir poden desfrutar, a un prezo de 20 euros, dun xantar con entrantes variados (empanada, tortilla, queixo con anchoas, langostinos cocidos, ibéricos, croquetas, etc.) e xarrete de ternera, postre, café e chupito. A continuación terá lugar un baile amenizado polo grupo Leyenda. As persoas interesadas en asistir poden aínda inscribirse ó longo desta semana, de luns 23 a sábado 28, en horario de 11 a 13 horas, no local de O Faroleiro, situado nas naves de Marujita Canela (fronte ó Mercado Municipal).

Dende aquí queremos felicitar á Asociación por estes 10 anos de fructífera andaina, así como desexarlle un longo porvir e unha excelente xornada conmemorativa o vindeiro día 6 de outubro.

alt

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.