Aula do Mar, un atractivo turístico do Ortegal

Share Button

O pasado venres, La Voz de Galicia publicou unha nova sobre a posta en marcha da Asociación Costa Noroeste, entidade encargada de xestionar o programa Leader Galicia 2007-2013 nas comarcas de Ferrol e Ortegal.

 

Na nova infórmase brevemente sobre os obxectivos da entidade e as súas liñas básicas de actuación. Cremos interesante destacar que a imaxe que acompaña a información é unha fotografía do Aula do Mar de Cariño, definida a pé de foto como un atractivo turístico do Ortegal. Esta calificación non reflexa nada novo pois, de feito, o potencial turístico do Artal xa foi amplamente recoñecido en medios como El País, Televisión de Galicia ou a web francesa Ornithomedia. 

 

 

O Aula do Mar, malia ser un proxecto vilipendiado e boicoteado de xeito sistemático polo PP cariñés, colleita constantes eloxios alí onde se fala cun mínimo de rigor sobre o medio natural e a oferta turística do Ortegal.

 

Podes ver aquí a nova de La Voz de Galicia:

 

http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2010/02/26/0003_8319704.htm

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.