Blog da Secretaría de Política Municipal

Share Button

Como xa informamos nunha entrada anterior, o pasado sábado estivemos en Santiago nunha reunión de traballo convocada pola Secretaría de Política Municipal do noso partido, que coordina a compañeira Mar Barcón.

 

Alí presentáronse varias iniciativas orientadas a mellorar a información, comunicación e participación no ámbito municipal. Unha delas é o Banco Municipal de Políticas Socialistas, ó que xa nos referimos con anterioridade e que inclúe un proxecto do noso concello (o Aula do Mar).

 

Hoxe queremos referirnos a outra das iniciativas presentadas o sábado: o Blog da Secretaría de Política Municipal. Neste blog pretenden recollerse novas, mocións e, en xeral, información sobre o traballo que realiza o noso partido nos concellos galegos. O blog inclúe ademais enlaces ás webs das diferentes agrupacións e ós blogs dos militantes galegos; permite tamén descargar os Boletíns da Secretaría de Política Municipal e acceder ó mentado Banco Municipal de Políticas Socialistas.

 

Trátase dun proxecto que está nos seus inicios -de feito, no momento que escribimos esta entrada, aínda non figura o enlace á nosa web- pero que agardamos se convirta nunha referencia para a difusión das políticas socialistas no ámbito municipal.

 

Convidámoste, pois, a visitar o Blog da Secretaría de Política Municipal:

 

http://www.spm.psdeg-psoe.org  

 

 

 

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.