Busca infructuosa

Share Button

Transcurriron máis de dous días dende que comezou a busca do noso veciño Santiago, desaparecido na noite de domingo a luns mentres practicaba pesca deportiva.

Non é preciso que comentemos aquí detalles que xa son coñecidos pola nosa cidadanía a través dos medios de comunicación (a foto que reproducimos corresponde a Diario de Ferrol). Un amplo dispositivo de busca está a traballar dende que se denunciou a súa desaparición. Embarcacións e buzos de Salvamento Marítimo, medios aéreos, Garda Civil, Protección Civil, xentes do mar e veciñ@s de Cariño veñen realizando un intenso esforzo que, desgraciadamente, segue sen dar resultados positivos.

En sinal de respeto e solidariedade coa súa familia, dende que se produxo o suceso tivemos interrumpida a actividade nesta páxina e no noso perfil de Facebook. Con tristura, e pendentes de calquera novidade que poida producirse nas vindeiras horas, imos retomala pasesiña e progresivamente.

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.