De libros, editoriais e novas tecnoloxías: entrevista a Jan Martí

Share Button

Na encrucillada de varios temas que nos interesan especialmente, Fuera de lugar, a excelente sección de entrevistas que Amador Fernández-Savater mantén no xornal Público, vén de incluir, o pasado sábado, unha entrevista a Jan Martí, músico, licenciado en filosofía e un dos socios fundadores da editorial Blackie Books.

 

É precisamente desta última faceta, a de editor, da que fala na entrevista, aportando puntos de vista sumamente interesantes sobre o mercado editorial, a convivencia do libro tradicional co ebook, internet, as redes sociais…

 

Como é habitual, a web de Público inclúe a versión completa da entrevista (no xornal impreso publícase unha versión máis curta). Aquí a tes:

 

http://blogs.publico.es/fueradelugar/155/solo-mueren-las-medias-tintas-los-libros-mal-hechos-y-los-editores-sin-ideas

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.