Desfile de moda do alumnado do IES Cabo Ortegal

Share Button

Os alumnos do Instituto de Ensino Secundario Cabo Ortegal, de Cariño, celebran mañá un desfile de moda co obxectivo de recadar fondos para unha viaxe de estudos a Londres, que pretenden levar a cabo no mes de febreiro. Na iniciativa colaboran alumnos e pais, tendas de roupa de Cariño e unha peluquería local.

O desfile terá lugar mañá, domingo día 20, no Auditorio Municipal, ás sete da tarde. O prezo das entradas é de tres euros para adultos e dous euros para nenos.

Dende a nosa páxina web apoiamos rotundamente a iniciativa, animámoste a asistir e desexamos sorte ós nosos estudantes do IES Cabo Ortegal, que representan o futuro do noso Concello.

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.