Inaugurado o novo Local Social de Maiores

Share Button

Onte pola tarde tivo lugar a inauguración do novo Local Social de Maiores, que está ubicado no baixo da Casa do Concello. O acto estivo ateigado de xentes de tódalas idades e foi amenizado por un dúo musical. Dende hoxe mesmo, o novo local está funcionando a pleno rendemento.

Estas novas instalacións cumplen tódolos requisitos en materia de accesibilidade e resultan idóneas para desenvolver múltiples actividades de tipo lúdico ou cultural.

A inauguración contou coa presenza de varios membros da Corporación Municipal e o noso Alcalde, José Luis Armada, dirixíu unhas palabras ó inicio do mesmo.

Como vén sendo habitual, e como exercicio de transparencia, reproducimos aquí o seu discurso:

 

Corporación Municipal, representantes dos colectivos sociais do Concello, Asociación de Maiores e Xubilados de Cariño, Señoras e Señores

 

Estamos neste acto de inauguración oficial do Centro Social de Maiores, cumplindo un dos máis importantes compromisos que adquirimos cando nos fixemos cargo do goberno do Concello, que non era outro que conquerir para os nosos maiores un local digno onde poideran desenrolar as súas actividades sociais e recreativas. Dende o primeiro momento, fixemos unha aposta decidida para conquerir un centro social en cada parroquia, compromiso que hoxe estamos a punto de materializar.

O local social da Pedra está a pleno rendemento e neste momento estamos executando as obras necesarias para a construcción da rampa de accesibilidade que permita a tódolos veciños acceder ó local con independencia do seu estado de movilidade.

O local social de Feás ten xa levantada a súa estructura e confiamos que se poida abrir no mes de maio. Estas instalacións darán resposta ás necesidades que demandaba esta parroquia, que a día de hoxe carece por completo dun espazo público onde se poidan realizar as actividades sociais.

A parroquia de Landoi ten xa un local social e neste momento están construindo un novo, financiado pola propia Comunidade de Montes, con fondos propios, ó non encaixar o financiamento municipal no tempo e forma en que o plantexaba a iniciativa veciñal. Saben, en calquera caso, que poden contar coa colaboración do Concello no relativo a ese proxecto.

A día de hoxe, unicamente queda pendente a parroquia de Sismundi, pero tentaremos solventar esta necesidade coa maior rapidez posible.

Cando tomei posesión do meu cargo como Alcalde comprometinme a que a miña xestión fose transparente e en beneficio dos cariñeses e cariñesas. Fíxeno así dende o primeiro día e tamén quero facelo hoxe.

Lamento os accidentes que houbo no anterior local por carecer dos accesos idóneos, pero que saiban, os que non están informados, que a nosa idea era colocar un ascensor para que os maiores con dificultade motriz accederan ó local sen problemas.

Os culpables de que iso non se fixera foron os que presentaron un recurso ante a Tesorería da Seguridade Social para anular a cesión de uso que a propia Tesorería fixera ó Concello, opoñéndose a que os maiores ocuparan ese local. Crearon un problema administrativo que nos impedíu invertir diñeiro público nunhas instalacións que estaban en litixio. Dito isto, cada quen que asuma a súa responsabilidade e explique o motivo das súas accións. Nós estámolo facendo hoxe, rendindo contas a vostedes da nosa acción de goberno.

Reitero que hoxe é un día importante para todos nós e que debemos celebrar con xúbilo. Estas instalacións dignifican ós maiores cariñeses, pero tamén ó conxunto da cidadanía do noso Concello.

Este Centro Social está ubicado no mellor sitio do pobo, nun lugar privilexado, de fácil acceso, amplo, luminoso e mirando ó mar, como debe ser, e como se merecen os nosos maiores e o conxunto da cidadanía cariñesa.

Non sen dificultades, a semana pasada inauguramos a Piscina Climatizada Municipal, hoxe este Centro Social, e agardo que non tardemos en inaugurar o Centro de Día e a Residencia de Maiores. Creo realmente que o balance é moi positivo e que podemos sentirnos satisfeitos e contentos do nivel dos servizos que o Concello lles ofrece.

Eu, dende logo, estouno, e o Grupo de Goberno que presido tamén. Remato, veciñas e veciños, convidándovos a desfrutar deste día.

Boa tarde. 

 

Os xornais La Voz de Galicia e Diario de Ferrol recollen hoxe a nova da inauguración. O publicado polo primeiro destes xornais podes atopalo aquí:

http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2011/03/27/0003_201103F27C11995.htm

  

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.