As obras do Local Social de Feás avanzan a bo ritmo

Share Button

 

O Concello vén de informar, a través da súa páxina web, sobre o avance das obras do Centro Social de Feás, que están sendo realizadas con financiamento do Goberno de España. Prevese que as obras estén rematadas nun prazo de dous meses.

O edificio, situado nas proximidades da igrexa parroquial de Feás, conta cun deseño vangardista no que destaca a fachada feita con columnas de madeira, que soportan o 50 % do peso do edificio permitindo un espazo diáfano e libre de columnas no interior.

O edificio adicarase a usos de carácter social, lúdico e cultural. A súa construcción forma parte dunha liña de traballo do actual Goberno Municipal orientada a que tódalas parroquias do Concello conten cun Local Social para desenvolver todo tipo de actividades. Elo non implica, como podes supor, construir edificios de nova planta en tódalas parroquias, sendo posibles outras opcións como a habilitación de espacios xa existentes ou incluso o aluguer. Iremos ofrecéndoche máis detalles.

Podes consultar aquí a nota informativa difundida polo Concello, da cal tomamos a fotografía que reproducimos nesta páxina: 

http://www.concellodecarino.com/aodia/nova.php?id=1261 

    

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.