Inundacións dos días 9 e 10 de xuño: convocatoria de axudas

Share Button

A páxina web municipal informa de que a Xunta de Galicia vén de convocar as axudas destinadas a sufragar os gastos ocasionados polas inundacións que tiveron lugar os días 9 e 10 de xuño. O prazo para presentar as solicitudes remata o 5 de agosto.

 

Podes acceder ás bases da convocatoria e ós formularios de solicitude a través da web municipal, concretamente neste enderezo:

 

http://www.concellocarino.org/aodia/aviso.php?lg=gal&id=258

 

Non esquezas que na sección de Avisos da páxina web municipal podes atopar información do teu interese. Hoxe, por exemplo, publícase a convocatoria para a contratación de dous auxiliares de axuda no fogar. Podes acceder a esta sección de Avisos aquí:

 

http://www.concellocarino.org/aodia/avisos.php?lg=gal

 

Tamén podes subscribirte á páxina, de xeito que recibas puntualmente no teu correo electrónico os distintos Avisos e Notas de Prensa. Para facelo, tes que clickar na opción subscripción que aparece no Menú da parte superior da páxina e seguir os pasos indicados. É moi fácil.

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.