Non á privatización do centro Souto de Leixa

Share Button

¡A loita contra a política privatizadora da Xunta que percorre Galicia de norte a sur conta cun dos seus escenarios máis próximos e activos no Centro de Educación Especial Terra de Ferrol ou Souto de Leixa, que atende a unhas 170 persoas adultas con algún tipo de discapacidade. Se pensas que este é un asunto alleo ás preocupacións do noso Concello, dirémosche que nada máis lonxe da realidade. O centro Souto de Leixa presta servicio a toda a comarca, incluindo persoas de Cariño.

Temos aquí un exemplo da nula sensibilidade do actual goberno da Xunta. Á privatización do centro oponse toda a súa plantilla de persoal. Tamén os usuarios e ás súas familias. Pero á Xunta de Feijóo dalle igual tomar unha decisión contra a opinión de tódalas partes implicadas.

Por se fose pouco, as reivindicacións contra a privatización do centro teñen que facer fronte ó silenciamento de determinados medios afíns ó poder. Onte celebraron unha manifestación que non suscitou a atención da televisión pública. Por todo iso, dende aquí, queremos transmitirlle ó persoal e ás familias o noso rotundo apoio e solidaridade.

Podes atopar información sobre a manifestación de onte nos xornais Diario de Ferrol e La Voz de Galicia:

http://www.diariodeferrol.com/index.php/periodico-impreso/ferrol/10697-noemi-ferrol

http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2010/11/21/0003_8862349.htm

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.