Inauguración do novo edificio do Distrito Marítimo de Cariño

Share Button

Mañá venres ten lugar a inauguración do novo edificio do Distrito Marítimo de Cariño. O acto estará presidido polo Secretario Xeral de Transportes, a Directora Xeral da Mariña Mercante e o Alcalde de Cariño, José Luis Armada.

Ofrecerémosche nesta web información puntual e informacion de interese sobre o acto e sobre este novo edificio financiado polo Ministerio de Fomento do Goberno de España.

 

Publicado en Actualidade | Comentarios desactivados en Inauguración do novo edificio do Distrito Marítimo de Cariño

O Concello incorpora un tractor multiusos ó seu parque móvil

Share Button

 

O Concello de Cariño acaba de informar da recente incorporación dun tractor multiusos ó parque móvil municipal. O vehículo está equipado con desbrozadora, motoniveladora, depósito e bomba de achique para limpeza de alcantarillados. Nun futuro inmediato equiparase con máquina limpapraias.

A nova adquisición adicarase ó desbroce e acondicionamento de pistas municipais, limpeza de praias e outras tarefas de mantenemento. O custe do vehículo superou os 80.000 euros, aportados pola Deputación da Coruña e o propio Concello.

 

Publicado en Actualidade | Comentarios desactivados en O Concello incorpora un tractor multiusos ó seu parque móvil

Reportaxe en La Opinión sobre o proxecto de Galicia Mar Renovables

Share Button

O xornal La Opinión de A Coruña publicou onte, baixo o título Cariño se aferra a las boyas, unha breve reportaxe sobre o proxecto empresarial que Galicia Mar Renovables creará en Cariño para a montaxe de sistemas de enerxía undimotriz. A reportaxe recolle as declaracións do noso Alcalde, José Luis Armada, que explica o apoio da institución municipal a este proxecto.

Poder ler a reportaxe aquí:

http://www.laopinioncoruna.es/mar/2011/02/12/carino-aferra-boyas/466916.html

 

Publicado en Actualidade | Comentarios desactivados en Reportaxe en La Opinión sobre o proxecto de Galicia Mar Renovables

Cariño hai 25 anos, en Diario de Ferrol

Share Button

Hoxe Diario de Ferrol, na súa sección Hace 25 años (1986) (páxina 12), rememora aquel Pleno celebrado no Concello de Ortigueira no que se votaba en contra da Segregación de Cariño. Como é ben sabido, aquel acordo plenario non logrou impedir que a Segregación finalmente se produxese, aínda que puido contribuir a retrasala. O histórico acontecemento da Segregación prodúxose finalmente o 21 de xaneiro de 1988.

O texto de Diario de Ferrol é o seguinte:

La segregación de Cariño > El presidente de la Asociación de Vecinos de Cariño, Luis Armada Castro, asegura que ya esperaba el acuerdo de la Corporación municipal de Ortigueira, en contra de la segregación de Cariño, y mantiene su confianza en que esta misma semana el expediente sea remitido a la Xunta de Galicia.

Recuerda que en el pleno municipal en el que se votó este asunto se presentaron un total de 3.346 alegaciones a favor de la creación del ayuntamiento de Cariño, considerando los opositores al criterio de la mayoría municipal que "es una decisión grave no atender a ese dato y no adoptar un cambio de actitud". 

 

Publicado en Actualidade | Comentarios desactivados en Cariño hai 25 anos, en Diario de Ferrol

Natureza, turismo de calidade e promoción económica

Share Button

Nas últimas semanas diversos acontecementos leváronnos a tratar aquí, en bastantes ocasións, temas relacionados co patrimonio natural e cultural de Cariño, coa súa beleza paisaxística e co desenvolvemento local. Referímonos a acontementos como a publicación de dous libros por parte da administración municipal, a presencia de Cariño na campaña Coida Galicia ou a aposta do Concello polas enerxías renovables.

Dado que os acontecementos levarannos a tratar temas diferentes nas vindeiras semanas, queremos, a xeito de breve recapitulación, ofrecer aquí uns breves comentarios sobre o senso que teñen para nós este tipo de políticas.

Cariño conta cun medio natural privilexiado. Non é necesario repetir aquí os atributos paisaxísticos, xeolóxicos, ornitolóxicos ou culturais do noso termo municipal. Nós consideramos que a nosa obriga, como forza política e como partido de goberno, é contribuir ó coñecemento e a preservación desta riqueza. E o mellor xeito de preservala é facer que totalidade da cidadanía a sinta como súa.

Pero tamén cremos que estes valores, ben aproveitados, poden contribuir a un desenvolvemento económico sostible. Somos realistas e, por esta razón, non pensamos que Cariño poda chegar a vivir exclusivamente de sectores como o turismo de calidade ou a hostelería. Mais estamos firmemente convencidos de que eses sectores deben ser unha peza fundamental dun modelo de economía diversificada no que teñan tamén cabida sectores como o mar ou a industria. De feito, nos últimos anos Cariño veu incrementadas as súas prazas de aloxamento alternativo (turismo rural, hoteis da natureza, hoteis con encanto) cunha oferta de calidade en mans da cidadanía local.

Dende a perspectiva de acadar ese modelo de economía diversificada vimos traballando. É precisamente neste contexto no que cabe entender iniciativas como a Aula do Mar, a publicación dos libros, as sendas peatonais, o emprego de enerxías renovables na piscina municipal ou as iniciativas formativas neste sector. Os usuarios da Aula do Mar, os xeólogos que nos visitan… son persoas que xeran ingresos na nosa hostelería en particular e no noso tecido socioeconómico en xeral. Nesta liña queremos seguir traballando e durantes estes meses preelectorais irás coñecendo as nosas propostas para a vindeira lexislatura.

E xa que falamos disto, non estaría de máis coñecer cales son as propostas do PP cariñés. Ata agora, semella que o único que saben facer é criticar. Boa parte dos proxectos mentados (Aula do Mar, publicación dos libros, aposta polas enerxías renovables…) foron obxecto das súas críticas. Pero, ¿cal é o seu posicionamento ante este sector?, ¿qué tipo de medidas propoñen?, ¿qué aportaron nos seus oito anos á fronte do Goberno Municipal?, ¿alguén pensa que poderían ser capaces de facer algo relevante tendo en conta o pobrísimo balance que presenta o seu candidato tanto na Cofradía como na oposición municipal?  

 

Publicado en Actualidade | Comentarios desactivados en Natureza, turismo de calidade e promoción económica

Galicia Mar Renovables recibe a concesión para instalarse en Cariño

Share Button

A empresa Galicia Mar Renovables acaba de obter de Portos de Galicia a concesión necesaria para construir na área portuaria a súa fábrica destinada á montaxe de boias undimotrices, unha iniciativa que xerará unha trintena de postos de traballo.

Trátase dun paso máis no proceso de posta en marcha deste interesante proxecto empresarial, que dende o goberno municipal vimos apoiando dende os seus inicios. A nova aparece hoxe recollida en diversos medios de prensa, algúns dos cais inclúen declaracións do noso Alcalde, José Luis Armada.

Deixamos aquí as ligazóns ás novas correspondentes.

Diario de Ferrol:

http://www.diariodeferrol.com/index.php/periodico-impreso/ferrol/14916-noemi-ferrol

La Voz de Galicia:

http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2011/02/09/00031297256830777535106.htm

http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2011/02/10/0003_201102F10C11994.htm

La Opinión:

http://www.laopinioncoruna.es/mar/2011/02/10/carino-acogera-proyecto-crear-energia-movimiento-olas/466216.html

 

Publicado en Actualidade | Comentarios desactivados en Galicia Mar Renovables recibe a concesión para instalarse en Cariño