O Concello incorpora un tractor multiusos ó seu parque móvil

Share Button

 

O Concello de Cariño acaba de informar da recente incorporación dun tractor multiusos ó parque móvil municipal. O vehículo está equipado con desbrozadora, motoniveladora, depósito e bomba de achique para limpeza de alcantarillados. Nun futuro inmediato equiparase con máquina limpapraias.

A nova adquisición adicarase ó desbroce e acondicionamento de pistas municipais, limpeza de praias e outras tarefas de mantenemento. O custe do vehículo superou os 80.000 euros, aportados pola Deputación da Coruña e o propio Concello.

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.