psoecarino.org – Balance de 2010

Share Button

Coa Cabalgata de Reis de onte e o festivo de hoxe rematan as Festas de Nadal 2010-2011, que agardamos desfrutases o mellor posible.

A partires de mañá, o novo ano 2011 entra de cheo nas nosas vidas. O noso principal desexo, a nivel global, é que comezemos a ver a fin desta crise económica mundial que tanto está afectando ó benestar de moitas persoas.

2011 é tamén un novo ano para esta páxina. Na última entrada de 2010 fixemos un breve balance do que foi a traxectoria desta web no ano que remataba. Tal como avanzamos entón, ofrecemos hoxe algúns datos cuantitativos referidos ó número de usuarios e visitas. O primeiro que queremos destacar é o constante incremento no número de visitas que experimenta a nosa páxina ó longo de todo o ano 2010, visible no gráfico adxunto a esta entrada.

Concretando un pouco máis as cifras, a media de visitantes únicos por día pasou dos 25 en febreiro de 2010 ós 58 do mes de maio, os 41 do mes de decembro ou os 66 que levamos no presente mes de xaneiro de 2011. Estamos a falar aquí de visitantes por día; quere isto dicir que se un usuario ou usuaria entra varias veces na páxina un mesmo día, só se computa a primeira das veces.

Se imos ós totais mensuais (páxinas vistas por mes), hai que dicir que das 2283 do mes de febreiro de 2010 pasamos ás 8340 do mes de novembro ou ás 9952 do mes de decembro.

Non queremos ocultar que para nós estas cifras son un motivo de satisfacción. Aínda que esta páxina existe dende o 2003, o pasado ano 2010 foi a primeira anualidade completa na que mantivemos un ritmo de actualización constante. Foi un traballo feito con modestia, constancia e discrección, pero tamén conscente do papel que debíamos cumplir.

Existen moitas formas de estar presentes en internet, algunhas das cais poden, incluso, resultar máis "divertidas" ou "morbosas". Nós optamos por manter aquí a liña responsable, rigurosa e respetuosa que, dende hai moitos anos, define á nosa Agrupación Socialista de Cariño. A resposta positiva d@s usuari@s é un aliciente para continuar. Tí es o máis importante desta proposta en internet. Graciñas por seguirnos.

Nos vindeiros días iremos presentando as novidades que estamos a preparar para este ano 2011.

  

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.