Reparación do peche do colexio: a Xunta elude a súa responsabilidade

Share Button

En días pasados, La Voz de Galicia e Diario de Ferrol fixéronse eco do mal estado do enreixado que pecha o colexio de Cariño, debido ós danos ocasionados polos temporais. Cremos que a reclamación dos responsables do centro é totalmente xustificada.

Dende aquí queremos facer unha aclaración moi necesaria: a reparación ou sustitución do peche é responsabilidade da Xunta de Galicia e concretamente da súa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que é quen posúe as competencias en educación na nosa Comunidade Autónoma.

O colexio non é un edificio municipal. Aínda así, o Concello asume os custes do persoal de limpeza e conserxería. Non é aceptable que a Xunta de Galicia continúe a facer oídos xordos ante as reclamacións do centro. Por esta razón, dende a nosa responsabilidade no Goberno Municipal, imos apoiar esta demanda e instar á Xunta a que asuma a súa responsabilidade. Unha vez máis, queda claro que Cariño non é unha prioridade para esta Xunta do PP.

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.