Rubalcaba en Galicia

Share Button

O candidato socialista ás eleccións xerais do 20 de novembro, Alfredo Pérez Rubalcaba, está a desenvolver, dende a súa designación, un intenso traballo ó longo de toda a xeografía española para explicar o seu proxecto. Nos últimos meses estivo nalgunha ocasión en Galicia.

Este domingo día 9, Rubalcaba volta a Galicia. Ás 11 horas participará nun acto en Ourense para presentar as candidaturas polas provincias galegas. A cita terá lugar no Recinto Feiral Expourense (Finca Sevilla, s/n).

O candidato socialista está a facer unha precampaña cunha forte compoñente didáctica, centrada en explicar de xeito claro e ameno o seu proxecto para os vindeiros catro anos. Sen dúbida, a súa oratoria e claridade expositiva axúdano neste labor. Esta aposta inclúe un uso intenso das redes sociais e de internet en xeral. A súa páxina web www.rubalcaba.es exemplifica con claridade o que sinalamos. Nela podes atopar unha explicación das súas principais propostas, información biográfica, material multimedia e diversas opcións de participación, entre outros recursos.

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.