Un novo número de Razón Socialista

Share Button

Este venres, 15 de xaneiro, ás oito da tarde, preséntase na Galería de Sargadelos de Ferrol un novo número, o 27, da revista Razón Socialista. Trátase da revista da asociación cultural Fuco Buxán, un activo colectivo ferrolán composto por persoas de esquerda, algunhas delas militantes do noso partido. A presentación acompáñase da conferencia La izquierda necesaria, impartida polo deputado do PSC-PSOE Jordi Pedret.

 

En máis dunha ocasión os amigos de Fuco Buxán viñeron a Cariño a presentar as súas publicacións no local da nosa Agrupación. Hai uns anos, o noso Alcalde José Luis Armada escribíu na revista un artigo sobre o corredor costeiro. Por desgracia, moitas das súas reflexións seguen tendo plena actualidade.

 

Dende aquí, queremos expresar a nosa solidariedade co pobo de Haití pola enorme desgracia que están a pasar, así como o noso desexo de que a comunidade internacional movilice todo o seu esforzo para prestar o esforzo humanitario que se precisa nestas ocasións.

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.