Vía de Alta Capacidade: xuntanza en Xove

Share Button

A comezos desta semana o Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, mantivo en Xove unha reunión cos Alcaldes dos Concellos afectados pola Vía de Alta Capacidade. Entre os asistentes atopábase o noso Alcalde, José Luis Armada.

 

O Conselleiro ratificouse na data de 2017 para a inauguración desta infraestrutura viaria, prazo que dende o noso partido consideramos excesivamente prolongado. Así o fixo saber o noso Alcalde durante a súa intervención na xuntanza. Armada pedíu ademais que, en calquera caso, a Xunta se comprometa firmemente con este novo prazo e, no caso de que teñan que producirse novos recortes en infraestruturas, teñan lugar en áreas máis desenvolvidas e mellor comunicadas. En definitiva: que non nos sigan perxudicando. Onte Diario de Ferrol, na páxina 18 da súa edición impresa, fíxose eco destas declaracións.

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.