http://www.psoecarino.org

Contra a reforma laboral
Venres, 17 de Febreiro do 2012

Hai uns días, as agrupacións socialistas recibimos os renovados estatutos do partido, aprobados no 38 Congreso Federal celebrado en Sevilla. No seu artículo 2 proclaman textualmente: “El Partido Socialista Obrero Español es una organización política de la clase trabajadora y de los hombres y mujeres que luchan contra todo tipo de explotación, aspirando a transformar la sociedad para convertirla en una sociedad libre, igualitaria, solidaria y en paz que lucha por el progreso de los pueblos. Sus objetivos y programas son los fijados en su Declaración de Principios y en las resoluciones de sus congresos”.

A acción política esixe coherencia entre as palabras e os feitos. Este domingo, 19 de febreiro, celébranse en toda España manifestacións en contra da reforma laboral promovida polo goberno de Rajoy, que supón un retroceso brutal e sen precedentes nos dereitos d@s traballadoras e traballadores deste país. A Agrupación Socialista de Cariño apoia rotundamente estas manifestacións, que, nas tres cidades da provincia, darán comezo ás 12 da mañá. A manifestación de Ferrol sairá da Praza do Inferniño; a da Coruña, da Praza da Palloza; e a de Santiago, da Alameda. Se tes oportunidade de asistir, non deixes de facelo.

Aproveitamos para recomendarche a lectura do artigo La destrucción del derecho laboral, que @s abogad@s Francesc Casares, Andrés Pérez, Judith Barceló e Jessica Bolancel publican hoxe no xornal El País. Podes atopalo aquí:

http://elpais.com/elpais/2012/02/16/opinion/1329403129_054950.html

 

 
De novo sobre os presupostos municipais: respostándolle á Alcaldesa
Xoves, 16 de Febreiro do 2012

Con certo retraso, respostamos aquí ás declaracións da Alcaldesa de Cariño, Purificación Seixido, recollidas no Diario de Ferrol do pasado sábado 11 de febreiro. Nelas, maniféstase sorprendida polo voto do Grupo Municipal Socialista en contra dos presupostos de 2012, argumentando que “xa os orzamentos de 2011 contiñan unha partida de 200.000 euros para abonar o primeiro prazo do pago a Corsán e naquela ocasión votaron a favor dos presupostos”.

A Alcaldesa non debería sorprenderse tanto. Primeiro porque a discrepancia atópase na esencia da política e segundo porque a nosa función, en canto que oposición, consiste en aportar un punto de vista crítico, en defender un proxecto alternativo e en amosar que as cousas poden facerse doutro xeito. Quen está realmente sorprendida –ademais de preocupada e decepcionada- é boa parte da cidadanía cariñesa ó comprobar que a súa xestión transcorre por uns derroteiros ben distintos ós prometidos durante a súa campaña electoral.

O noso voto a favor dos presupostos de 2011 estivo xustificado, e así o fixemos saber na nosa intervención no pleno correspondente, porque consideramos que tiñan máis do goberno saínte que do entrante. Tódalas partidas de ingresos e boa parte das partidas de gastos xa estaban comprometidas polo goberno saínte en xuño de 2011. O único que os presupostos do goberno nacionalista contiñan de novidade eran os recurtes inxustificados en numerosas áreas, co argumento de que non había diñeiro nas arcas municipais.

A diferencia dos presupostos de 2011, os de 2012 van a ser executados na súa integridade polo goberno municipal do BNG. Como xa explicamos, están condicionados de maneira moi drástica pola nefasta negociación da Alcaldesa coa empresa Corsán-Corvián, que obriga ó Concello a pagar elevadas cantidades de diñeiro en catro anualidades, o que vai en detrimento da calidade dos servizos básicos que o Concello debe prestar á cidadanía. Por outra parte, en 2011 aínda non se manifestara en toda a súa crudeza a política de subida indiscriminada de taxas e impostos que practica o actual goberno municipal, e que o noso Grupo tampouco comparte.

En síntese, o noso voto en contra dos presupostos de 2012 susténtase en tres argumentos principais: 1) non estamos implicados na súa execución (a diferencia dos de 2011); 2) non compartimos a negociación con Corsán-Corvián nin, polo tanto, o pago dunha cantidade tan elevada de diñeiro nesta anualidade; e 3) non compartimos que a subida indiscriminada de taxas e impostos –e menos aínda nestes tempos de crise e elevado desemprego- sexa a única vía para incrementar os ingresos do Concello.

Polo demais, o acordo coa empresa Corsán-Corvián pon de manifesto un feito moi significativo. En menos dun ano o Concello de Cariño vai a pagarlle a esta empresa un total de 607.000 euros (máis de 101 millóns das antigas ptas.). Dende a súa chegada ó poder, a Alcaldesa adicouse a desacreditar ata a saciedade a xestión económica do anterior goberno municipal (do que, por certo, tamén formaba parte o seu propio partido). A reflexión que cómpre facer é ben evidente. Se a situación económica que deixamos fose tan mala, ¿sería posible pagar tal cantidade de diñeiro nun prazo tan curto de tempo?

 

 
Presupostos municipais: as razóns do noso voto en contra
Venres, 10 de Febreiro do 2012

No pleno do pasado venres, 3 de febreiro, sometéronse a aprobación os presupostos municipais para o exercicio de 2012. Os presupostos resultaron aprobados cos únicos votos favorables d@s catro concelleir@s do BNG. O Grupo Municipal Socialista votou en contra, mentres que @s catro concelleir@s PP abstivéronse.

O noso grupo xustifica o seu voto en contra en dous argumentos principais. En primeiro lugar, cremos que o actual goberno municipal fixo unha mala negociación coa empresa Corsán Corvián para o pago da débeda contraída polo goberno municipal do PP, durante o mandato de Tallón Cabana, en concepto de obras realizadas no edificio da Casa do Concello sen expediente administrativo nin consignación presupostaria.

O acordo resultante desa mala negociación implica o pago da débeda en catro anos, un prazo excesivamente curto, o que supón que, na práctica, tanto a vida municipal como o presuposto xiren en torno a ese pago, impedindo ou condicionando o normal funcionamento de servizos que o Concello viña prestando á cidadanía con total normalidade, pagando por eles unhas taxas e impostos razoables e adaptados ó poder adquisitivo da maioría d@s contribuíntes.

En segundo lugar, para o noso grupo resulta moi criticable que a única vía para incrementar os ingresos municipais sexa a suba de taxas e impostos á cidadanía, así como o citado recurte de servizos. A Alcaldesa e o seu goberno optan pola vía máis fácil, amosando unha falta clamorosa de sensibilidade social –impropia dun partido de esquerdas- e unha nula capacidade de xestión. En plenos pasados incrementáronse diversas taxas e impostos. Na sesión plenaria do pasado venres subíuse a auga e a recollida do lixo. O noso grupo votou en contra, mentres que o PP, aínda que manifestou as súas reservas, facilitou coa súa abstención que esta suba de taxas saíse adiante. O goberno do BNG pretendía subir tamén as taxas da piscina e do servizo de axuda a domicilio, pero finalmente retirou estes dous puntos da orde do día ante a previsión de falta de apoios para sacalos adiante. O Grupo Municipal Socialista discrepa completamente destas políticas. O momento actual, nun contexto de forte crise e elevado desemprego, non semella o máis propicio para subir taxas e impostos.

Voltando ós presupostos, e a modo de exemplo, no capítulo 6 (Inversións Reais) do estado de gastos aparece unha cantidade de 590.136,68 euros polo total deste concepto, cando na práctica, desglosando esa cantidade total, e aplicando os conceptos como son na realidade, o que lle poderíamos atribuir ó presuposto deste exercicio 2012 serían 204.186 euros, que corresponden á cantidade real que queda. Os 300.000 euros que destinan neste capítulo para pagar a Corsán non son investimentos reais e outros 85.950 corresponden ó  Plan de Obras e Servizos (POS) do 2011; contabilizan  neste capítulo 6 de Inversións Reais o POS de 2011 e tamén o de 2012.

Outro feito relevante neste pleno foi a retirada da Orde do Día do Informe de Morosidade do 4º trimestre de 2011 a petición do noso grupo, debido ós graves erros que o listado reflexaba. Nel figuraban importantes candidades de diñeiro como pendentes de pago, cando en realidade xa estaban pagadas. Polo tanto, ademais de correxir os importantes fallos detectados polo noso grupo, antes de dar conta e presentalo novamente a pleno deberán tamén anular o listado do 3º trimestre, dado que están interrelacionados e este si que foi levado a pleno. Convén lembrar que estes Informes de Morosidade foron utilizados con relativa frecuencia pola Alcaldesa para desprestixiar a xestión económica do anterior goberno municipal.

 

 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 1 - 8 de 436

Acceso






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha

Sindicación