Cariño na web do Proxecto Toponimia

Share Button

No seu discurso do pasado sábado, que podes ler nesta mesma páxina, o noso Alcalde, José Luis Armada, falou do compromiso do goberno municipal cariñés co coñecemento da realidade local, mentando varios exemplos de actuacións promocionadas ou impulsadas polo Concello.

 

Hoxe queremos traer aquí un exemplo máis. Hai uns días, o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, presentou a páxina web do Proxecto Toponimia de Galicia, que, segundo a definición da propia web, “constitúe un plan orientado á recolleita, introdución nunha base de datos, normativización e dixitalización de toda a microtoponimia galega”. Trátase dun proxecto posto en marcha polo anterior goberno autonómico, que arrancou recollendo a información de varios concellos piloto, entre eles o de Cariño.

 

A tal efecto, un técnico traballou durante varios meses na recolleita da microtoponimia municipal, que hoxe figura integrada en dita web. Recomendámoste vivamente a visita desta páxina, onde non só podes buscar os nomes de lugar do noso Concello e ver a súa localización xeográfica sobre imaxe aérea, senón tamén visualizar no mapa outros lugares de Galicia que teñen o mesmo topónimo.

 

O enderezo da web é:

 

http://toponimia.xunta.es

 

Para acceder ó buscador, podes facelo na pulsando na pestaña correspondente, situada no menú da parte superior, ou directamente a través deste enderezo:

 

http://toponimia.xunta.es/gl/Buscador

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.