O incerto futuro da sanidade galega: artigo de opinión

Share Button

Hai xa algúns días saíu publicado no xornal Galicia Confidencial un recomendable artigo de Pablo Vaamonde titulado O incerto futuro da sanidade galega. O autor é médico de familia no Centro de Saúde de Labañou e acredita unha longa experiencia nos ámbitos da sanidade pública e da defensa da língua galega.

As primeiras palabras do artigo son abondo ilustrativas: "Temos en Galicia a mala fortuna de estar gobernados por un grupiño ultraliberal que despreza o público e só acredita nas potencialidades e na eficiencia do sector privado. Mais, na vez de traballar nunha empresa e labrarse un futuro co seu espírito emprendedor, póñense á fronte dunha Autonomía para xestionar o diñeiro público, achegado por todos os cidadáns. Teñen amosado sobradamente o seu escaso interese polo beneficio colectivo e o benestar común".

En días como os que nos toca vivir, nos que andamos a voltas coa reinvidicación do servicio diario de pediatría, paga a pena ler artigos coma este:

 http://www.galiciaconfidencial.com/nova/6441.html

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.