Dende hai unhas semanas, La Voz de Galicia, na súa edición Ferrol, vén entrevistando os venres ós Alcaldes das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal. Hoxe tocoulle o turno ó Alcalde de Cariño, José Luis Armada.
Calquera persoa que coñeza o funcionamento dos medios de comunicación escritos sabe que soe haber diferencias entre o que transmite o entrevistado e o que finalmente se publica. Razóns como a escasez de espacio ou a recepción do xornalista, entre outras, inflúen no resultado final da entrevista. Neste caso, podemos afirmar que algunhas das expresións publicadas non son as que usa habitualmente o noso Alcalde, e tamén que moitas cousas quedaron no tinteiro. Por exemplo, cando se lle pregunta polos seus principais logros como rexidor, a enumeración que segue corresponde unicamente a actuacións recentes ou en curso, pero non se recollen actuacións anteriores que son fundamentais e que supuxeron unha transformación fundamental de Cariño.
En calqueira caso, cremos que paga a pena ler a entrevista. Podes atopala aquí:
http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2010/10/29/0003_8813615.htm