Remata a urbanización da rúa Pérez Lugín

Share Button

As obras na rúa Pérez Lugín están chegando ó seu fin, segundo vén de informar o Concello. A colocación das beirarrúas e a dotación do servicio de abastecemento supón o final dos traballos, que foron adxudicados por 162.847 euros.

Ditos traballos, que se extenden nunha lonxitude de 800 metros, consistiron na renovación integral da vía, na colocación de beirarrúas e na instalación de novos sistemas de recollida de augas pluviais e fecais, así como na mellora de tódolos sistemas de traída de augas de consumo doméstico.

Trátase dunha actuación imporante porque esta vía circunvala o casco urbán cariñés polo lado oeste, emprégase con frecuencia para acceder ó Cabo Ortegal, é lugar de residencia e paseo de moita xente do pobo e as súas inmediacións acollen importantes instalacións educativas e deportivas, como co IES Cabo Ortegal, o campo de fútbol e a piscina municipal.

Diario de Ferrol faise hoxe eco desta nova, que podes ver aquí:

http://www.diariodeferrol.com/index.php/periodico-impreso/comarcas/9315-b-noticia

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.