O Concello vén de adxudicar as últimas obras do Plan de Obras e Servicios (POS) correspondentes á anualidade 2010 e, ó mesmo tempo, anticipa algúns dos seus plans para o POS do vindeiro ano.
Tres son as actuacións correspondentes á última adxudicación desta anualidade. En primeiro lugar, o parque infantil do paseo marítimo será obxecto de diversas melloras, efectuadas por unha empresa de xardiñería, para garantir a seguridade dos usuarios.
A segunda actuación consistirá na pavimentación da rúa dos Santos empregando pedra laminada, obra que contará cun presuposto superior ós 100.000 euros.
Por último, construirase unha rampa de acceso ó centro cívico da parroquia da Pedra, a fin de permitir o acceso ás persoas con minusvalía.
Con cargo ó POS do vindeiro ano prevese cambiar o pavimento da Praza da Pulida, pois debido ó seu deterioro require reparacións constantes e supón un perigo para os viandantes, especialmente para as persoas maiores.
La Voz de Galicia publica hoxe esta nova, que podes ler no seguinte enderezo web:
http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2010/11/21/0003_8862697.htm