Éxito da manifestación contra a privatización da sanidade

Share Button

 

Como xa adiantamos en días pasados, un autobús fletado polas agrupacións socialistas do Ortegal viaxou hoxe a Santiago de Compostela para participar na manifestación convocada pola Plataforma contra a Privatización da Sanidade Pública.

A manifestación foi un éxito rotundo, tal como podes ver nesta foto tomada por un militante da Agrupación Socialista de Cariño. A Praza da Quintana quedouse pequena para acoller a varios milleiros de persoas -40.000 segundo algúns medios, 25.000 segundo os convocantes- que portamos pancartas e coreamos consignas contra a política privatizadora da Xunta.

O evento foi toda unha demostración de forza dos sectores progresistas de Galicia. Se PSOE, BNG, EU-IU, sindicatos e colectivos sociais mantemos a unidade de acción nas cuestións esenciais (sanidade pública, educación pública, servicios sociais públicos), Feijóo non o vai a ter fácil para seguir clonando a política neocon e privatizadora de Esperanza Aguirre. Ou pagará un alto custo electoral por elo, en primeiro termo nas vindeiras eleccións municipais.

Precisamente a esta unidade de acción aludíu onte na convención municipal o noso Secretario Xeral, Pachi Vázquez, chamando á conformación dun espacio común progresista nos concellos galegos. 

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.