Completa axenda de actividades para o Nadal

Share Button

O Concello de Cariño ten xa preparado un completo calendario de actividades para as festas de Nadal que se aveciñan.

Papá Noel recibirá ós máis pequenos o día 24, a partires das cinco da tarde, na Casa do Concello.

Os Reis Magos chegarán no Artal, desembarcando no porto ás catro e media da tarde do día 5 de xaneiro para a tradicional Cabalgata de Reis. Farán primeiro un percorrido polas parroquias de Landoi, Feás, Sismundi e A Pedra, para rematar en Cariño. Na Casa do Concello serán obxecto dunha recepción oficial e alí recibirán, como é habitual, a tódolos pequenos que se acheguen.

Outras actividades terán lugar durante estes días. Así, o ciclo Cine en Familia, traerá diversas películas ó Auditorio Municipal, sempre ás cinco da tarde e con entrada gratuita. Comezará o día 23 co filme Movida en el Polo, continuará o 30 con El Espantatiburones e rematará o 4 de xaneiro con UP.

O día 28, tamén ás cinco, na Biblioteca Municipal, terá lugar unha xornada de contacontos. O día 29 será o turno do deporte, no pavillón polideportivo municipal, de once a unha pola mañá e de catro a sete pola tarde, con diversos xogos e competicións.

O Diario de Ferrol entregou onte, sábado, o seu suplemento especial de Nadal, que inclúe tamén toda esta axenda de actividades.

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.