O Concello de Cariño cumplíu hoxe 22 anos. O 21 de xaneiro de 1988 fíxose realidade, despois dun longo proceso, un desexo histórico da sociedade cariñesa. Aquela tarde, o noso actual Alcalde José Luis Armada, entón presidente da Asociación de Veciños que liderou o proceso de segregación, remataba cun ¡Viva o Concello de Cariño! o seu discurso dende o balcón da Cofradía de Pescadores, frase que simbolizou o inicio dunha fructífera etapa de independencia municipal que dura xa 22 anos. É indubidable que os primeiros pasos do novo Concello foron ben conducidos, o que motivou que en moi pouco tempo Cariño comezase a funcionar con total normalidade como concello independente.
Dende a nosa web, queremos aportar o noso humilde gran de area ó recordo desa data. A segregación foi unha boa decisión.