A charla do GAC A Mariña-Ortegal na prensa

Share Button

Hoxe Diario de Ferrol, na súa páxina 17, recolle tres novas relativas ó noso Concello. A primeira versa sobre a charla informativa que, tal como publicitamos con antelación nesta web, o Grupo de Acción Costeira A Mariña-Ortegal impartíu o pasado xoves nas dependencias municipais.

 

O acto, aberto ó empresariado local e á cidadanía en xeral, contou coa participación do noso Alcalde, José Luis Armada, e da técnico de emprego municipal. A xerente do grupo, Mar López-Leitón, ofreceu información sobre o GAC e o seu obxectivo principal, que é o reparto dos Fondos Europeos de Pesca (FEP).

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.