A depuradora entra en funcionamento

Share Button

A construcción en Cariño dunha Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) foi demandada longamente polo Grupo Municipal Socialista, xa dende os seus anos de oposición. No ano 2005, co bipartito no goberno da Xunta, adxudicouse a súa construcción por un importe de 6’5 millóns de euros, cantidade que inclúe a súa explotación durante un periodo de 20 anos e que constitúe unha das inversións máis elevadas realizadas na historia de Cariño.

 

Polas razóns expostas, a entrada en funcionamento destas instalacións constitúe para nós un evidente motivo de satisfacción. Este feito vén de ser difundido pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, nunha nota de prensa que recollen no día de hoxe diversos medios.

 

A depuradora, situada na zona portuaria, ten capacidade para tratar as augas residuais dunha poboación de 8.200 habitantes; conta con modernos sistemas de pretratamento, desareado ou desengraxado. A súa construcción implicou, ademais, a execución de obras complementarias, concretamente dun colector de augas pluviais, unha condución de augas fecais e un pequeno contedor para transportar as augas residuais ó bombeo de cabeceira da planta; realizouse tamén unha obra de alivio de emerxencia  entre o final da rede de saneamento e o devandito bombeo para  evitar o refluxo das mareas.

 

Podes ampliar a información nos xornais Diario de Ferrol e La Voz de Galicia, a través dos seguintes enderezos:

 

http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2010/09/07/0003_8711093.htm

 

http://www.diariodeferrol.com/index.php/periodico-impreso/comarcas/6552-b-noticia

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.