A dereita contra o movemento sindical

Share Button

Remata unha semana que tivo como acontecemento principal a folga xeral do 29-S. A xornada trancurríu con relativa normalidade e da resposta do goberno pode deducirse, como xa destacaron diversos medios, a súa vontade de retomar o diálogo social.

Como nota a destacar desta folga, cabe referirse ós duros ataques lanzados contra os sindicatos por parte dos comentaristas e medios de comunicación da dereita. Unha dereita á que, como é sabido, sérvelle calquera disculpa para atacar ó goberno socialista e pronosticar as peores catástrosfes (Estatuto de Cataluña, terrorismo de ETA, etc.). O feito de que esta vez sexa diferente, e a dereita non empregue a folga para desgastar ó goberno, indícanos que existe un motivación de maior importancia: desmantelar o movememento sindical e a clase traballadora como suxeito político. A dereita quere chegar ó poder a toda costa, pero eliminando de paso todo posible foco de contestación e discrepancia. Contra a participación e a organización cidadá.

Pola nosa parte, e aínda que nalgúns casos podamos discrepar cos sindicatos, recoñecemos o seu papel esencial nesta sociedade e a súa inestimable contribución á mellora das condicións da clase traballadora.

Ó mesmo tempo, resulta evidente que as razóns que motivaron a última folga xeral teñen unha dimensión supraestatal e son, en certo modo, alleas ó goberno de España. Recomendamos ó respecto o artigo Huelgas nacionales y políticas europeas, que vén de asinar Francisco Balaquer, Catedrático de Dereito Constitucional, no xornal Público:

 http://blogs.publico.es/delconsejoeditorial/865/huelgas-nacionales-y-politicas-europeas/

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.