Aula do Mar: balance do verán 2010

Share Button

O Concello de Cariño vén de difundir, a través da súa páxina web, datos interesantes sobre a actual tempada do Aula do Mar. En concreto, trátase de cifras porcentuais que amosan un crecemento no número de usuarios con respecto a tempadas anteriores. O proxecto consolídase e, incluso en tempos de crise, incrementa a súa demanda.

Podes consultar a nota informativa aquí:

http://www.concellodecarino.com/aodia/nova.php?id=1242&lg=gal

Por outra parte, como xa lembramos noutras ocasións, non esquezas que a páxina web municipal ofrece a posibilidade de subscribirte para recibir puntualmente no teu correo electrónico tanto estas notas de prensa como avisos (actividades culturais, convocatorias públicas de traballo, etc.) e formularios para a realización de trámites diversos (solicitude de vao, licencia de obra, etc.). Para facelo, só tes que clicar na opción Subscripción, situada na parte superior da páxina. 

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.