Os residuos de Cariño (Ferrol) e as boas prácticas xornalísticas

Share Button

Nunha democracia madura o exercicio da crítica ós medios de comunicación xoga un papel fundamental. De feito, no caso de Cariño o tratamento informativo de certos temas ten sido obxecto de polémica e motivado intensas discusións no pasado recente.

Como quizais xa sabes, no entorno da cidade de Ferrol, e pertencente a este mesmo concello, existe unha enseada que leva o nome de Cariño. Nos areais deste lugar detectouse hai dous meses unha placa de residuos sólidos que vén motivando a lóxica preocupación entre a cidadanía e que vén sendo obxecto dun amplo tratamento informativo, principalmente en La Voz de Galicia e Diario de Ferrol

O Cariño ferrolán e o noso teñen moitas diferencias, pero tamén algúns elementos en común, como a súa situación costeira ou a existencia de areais e de actividade portuaria. Por esta razón, moitas persoas pensaron, ó ler os titulares dos xornais, que este problema que afecta ós areais ferroláns ten lugar no noso Concello. Por esta razón, cremos que os medios de prensa deberían invertir o máximo esforzo en precisar a ubicación xeográfica da nova, evitando titulares xenéricos como este: El Seprona revela que los residuos de Cariño tienen hidrocarburos.

Hai xa semanas que o noso Alcalde, José Luis Armada, transmitíu a estes medios a necesidade de evitar calquera posibilidade de confusión no tratamento informativo deste asunto. Xusto é recoñecer que dende entón os xornais melloraron neste aspecto, aínda que seguramente non todo o que sería desexable. 

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.