Abrindo una nova etapa na dirección provincial do PSdeG

Share Button

altO noso partido celebrou na mañá deste sábado pasado, 18 de outubro, unha reunión do seu Comité Provincial co obxectivo de aprobar o regulamento das eleccións primarias á dirección provincial do partido e do posterior Congreso Extraordinario. Dase así cumprimento ó compromiso contraído polo Secretario Xeral Provincial, Francisco Caamaño, cando un sector do partido negouse a consensuar unha candidatura de delegad@s ó congreso que elexíu en Madrid ó actual líder do PSOE, Pedro Sánchez. As primarias para elexir ó novo líder provincial –Caamaño xa anunciou a súa intención de non concurrir- terán lugar o vindeiro 30 de novembro en tódalas Agrupacións da provincia, coincidindo coa data fixada polo partido para elexir @s candidat@s ás municipais nas cidades e vilas de máis de 20.000 habitantes.

Deste xeito, e por primeira vez na historia do socialismo a nivel estatal, o máximo responsable dunha provincia escóllese mediante o voto directo de toda a militancia. Repítese así un procedemento xa ensaiado para a elección do actual Secretario Xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, e posteriormente para a elección do Secretario Xeral do PSOE, Pedro Sánchez. Como sucedeu en anteriores ocasións, os resultados das primarias refrendaranse nun Congreso Extraordinario Provincial. A cita neste caso terá lugar o 13 de decembro.

Dende a Agrupación Socialista de Cariño queremos agradecer á Executiva Provincial saínte (na foto), e especialmente ó seu máximo responsable Francisco Caamaño, o traballo realizado nestes algo máis de dous anos. Tiveron que levar as rendas da provincia en momentos particularmente difíciles e tomaron decisións cun espírito integrador e democratizador que certos sectores do partido non quixeron recoñecerlles. Referímonos, por exemplo, ó feito de instaurar a elección d@s coordinadores/as comarcais mediante o voto directo da militancia, incorporando ós responsables electos á Executiva Provincial con voz e voto. A convocatoria deste proceso de primarias para renovar o liderado provincial é outra mostra desta vocación democratizadora. Queremos tamén agradecer e recoñecer o traballo realizado polo noso compañeiro José Miguel Alonso Pumar, que durante este tempo ocupou a Secretaría Provincial de Medio Ambiente. No Comité Provincial, a Agrupación Socialista de Cariño estivo representada ademais polos compañeiros José Luis Armada Castro e Ana Fachal.

Aprobado o regulamento que establece as normas e os prazos deste proceso interno, chega o momento de que @s compañeir@s que teñen a vontade de optar á Secretaría Provincial anuncien a súa decisión e expliquen o seu proxecto á militancia. Para ser proclamado oficialmente candidat@, cada aspirante deberá recoller o aval do 20% como mínimo e do 30% como máximo do total do censo válido de militantes para o proceso.

Dende a Agrupación Socialista de Cariño temos a seguridade de que o socialismo provincial sairá destes comicios internos cun liderado e unha Executiva fortes para afrontar os retos que se presentan por diante, comezando polas municipais de maio de 2015.

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.