Adeus a Victoria Fernández Paredes, exemplo de loita e compromiso

Share Button

altA Agrupación Socialista de Cariño quere sumarse ó pesar polo falecemento de Victoria Fernández Paredes, un exemplo de militancia, compromiso e traballo incansable nas causas da esquerda ferrolá e a prol das persoas desfavorecidas. Coñecemos onte a noticia a través da Asociación Cultural Fuco Buxán e do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, colectivos dos que formaba parte moi activamente.

Reproducimos a continuación o comunicado difundido pola Asociación Cultural Fuco Buxán, que reflexa axeitada e sentidamente a traxectoria de compromiso de Victoria Fernández: Con gran sentimento, comunicamos o falecemento, esta tarde, da nosa querida compañeira Vitoria Fernández Paredes, tras unha breve, pero irreversible, enfermidade.

Victoria, Directiva e cofundadora da Asociación Cultural Fuco Buxán, mantivo toda a súa vida un gran compromiso con todas as causas sociais, desde a súa activa militancia na HOAC nos anos sesenta, a participación nas ANPAS e nos movementos veciñais, o seu labor como Concelleira polo terzo familiar, despois na UGT e no PSOE e os últimos anos nesta Asociación, desenvolvendo un importante traballo no Foro Social de Ferrolterra e nas súas Plataformas solidarias.

Hai que destacar tamén a súa entrega xenerosa a todas as actividades do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, do que formaba parte e do cal ou seu compañeiro Carmelo Teixeiro foi o primeiro Coordinador.

Lembraremos sempre a Vitoria, e a Carmelo, como amigos, como compañeiros entrañables e como exemplo de dedicación e perseveranza no traballo polo ben social e as causas solidarias.

Aos seus fillos Juan Ramón, Carmelo e Noé, ás suas compañeiras, netos e netas, aos seus irmáns Angeles e Ricardo, familia e amigos as nosas máis profundas condolencias e apertas solidarias”.

Con esta entrada queremos lembrar a súa figura, enviarlle as nosas condolencias á súa familia e amig@s e lembrar, tamén, ó seu compañeiro Carmelo Teixeiro, con quen compartimos anos de militancia e traballo dentro do partido.

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.